Silvia Folgueira é a campiona nacional nas 36ª SpainSkills.

06.06.2017

Campiona nacional da especialidade de pintura de automóvil na 36ª edición das SpainSkills.
Silvia ,competiu con alumnos de 14 comunidades, dispuxo de 24 horas, repartidas en tres días, para realizar a proba, que levaba preparando desde que gañou o campeonato galego, en Silleda. Tiña dende o mércores pola maña, ata as oito da tarde do venres, pero as cinco xa conseguira completar o traballo.
A proba consistía en pintar o capó dun coche co logo da SpainSkills, con letras de diferentes cores e con acabado en barniz, que levoulle seis horas de traballo; pintar una defensa e enmascarar un coche, que no argot dos mecánicos é empapelar o vehículo para que a pintura non alcance zonas que non debe.
Silvia, estudia no CIFP As Mercedes e esta a piques de rematar o ciclo superior de Automoción. Só lle quedan facer a formación nun centro de traballo, e é o q está facendo nos talleres de Ditram Automoción Mercedes-Benz.
O pasado venres fixemoslle unha pequena entrevista.
P: Que sintes ó ser campiona de España nas olimpíadas nacionais de Formación Profesional, na categoría de pintado de automobil?
R:Síntome moi contenta, porque é  un premio moi importante para mi, porque xa desde pequeniña me gusta moito este sector.
P: Como é o procedemento nas olimpíadas de FP, hai diferentes tipos de probas…?
R: En España solo hai categoría de pintura. Alí temos que pintar unha aleta, un capó e unha defensa. Sobre o capó temos que facer un debuxo con aerógrafo. Despois temos colorimetría, que era facer un color, dabannos unha probeta feita e nos tiñamos que saber cal era o color. Despois tamén o enmascarado dun coche, para pintar.
P: Hai alguna das probas na que te sintas máis cómoda, se te de mellor ou todas por igual?
R: Todas por igual, a ver, o mellor a que máis me guste sexa pintar, pero porque é no que teño máis práctica.
P: E na que menos entón?
R: A que menos quizás o tema de reparar abolladuras e eso
P: Tes pensado que vas facer en Abu Dabi, pódesnos adiantar algo?
R: Pois en Abu Dabi non sei moi ben as probas que poden caer. Andamos indo a entrenamientos a diferentes países que nos están invitando. Fumos a Alemaña, agora para a semana imos a Portugal, e… Dinamarca, Barcelona, imos a diferentes países.
P: Tes axuda para perfeccionar a técnica nas prácticas aquí en Ditram Automoción?
R: Sí sí, aquí… xa desde que vin aquí, aquí e donde aprendín moito sobre todo a hora do concurso. Valeume de moito vir aquí.
P: As prácticas solicitachelas ti aqui ou foronche asignadas?
Soliciteinas eu aquí. Preguntei se podía facelas aquí.
P:  Por qué?
R: Porque xa quedara moi contenta cando viñera aquí a preparar as probas de Galicia, quedara moi contenta e quería volver para aquí.
P: Qué opinión che merecen as instalacións , ferramentas e a maquinaria de Ditram Automoción?
R: Ben, moi ben. Vexoo todo moi completo, hai de todo, e a verdad, moi ben.
P: E por último, tes pensado como o vas celebrar se gañas en Budapest?
R: Eso si que non sei, non teño nin idea. Pero bah, supoño que ó grande si.